A Concellería de Cultura do Concello de Muros presentou o programa do Entroido 2026, unha ampla e diversa proposta de actividades que se desenvolverán entre os días 4 e 21 de febreiro en diferentes puntos do municipio, coa colaboración de asociacións culturais, ANPAS e colectivos veciñais.

O programa inclúe obradoiros, contacontos, festas infantís de disfraces, música, festas populares e actos tradicionais, e ten como citas destacadas o desfile e concurso de comparsas de Muros, que repartirá máis de 3.500 euros en premios, así como a festa nocturna de Entroido baixo carpa con DJ, que se celebrará no Curro da Praza. Trátase de dúas propostas que “reforzan o carácter festivo do Entroido e consolidan Muros como un referente comarcal desta celebración”, explicou a concelleira de Cultura, Caridad González Cerviño, engadindo que “o Entroido é unha das festas máis participativas e esperadas do ano, e este programa busca implicar a toda a veciñanza, chegando a distintas parroquias e apostando tanto polo público infantil como polo adulto”.
González Cerviño destacou tamén que “o concurso de comparsas e as festas son dous momentos clave do Entroido en Muros, pensados para dinamizar e favorecer a convivencia arredor da cultura e da tradición”.
Programa do Entroido 2026
Mércores, 4 de febreiro
18:00 h · Obradoiro de máscaras de Entroido na Axencia de Lectura de Esteiro.
Mércores, 11 de febreiro
18:00 h · Contacontos Flipa cos contos, con Fran Campos, na Axencia de Lectura de Esteiro.
Venres, 13 de febreiro
18:00 h · Festa infantil de disfraces no Centro de Sorribos (Abelleira). Colabora: AC Ponte Vella.
Sábado, 14 de febreiro
17:00 h · Entroido Esteirán. Saída da rotonda de Creo e, ao remate, chocolate con churros na Alameda de Esteiro. Organiza: AC O Xeito.
23:00 h · Festa de Entroido con DJ baixo carpa no Curro da Praza (Muros). Colabora: Asociación de Hostelería e Turismo de Muros.
Domingo, 15 de febreiro
17:00 h · Desfile e concurso de comparsas de Muros. Saída dende a Virxe do Camiño e chegada ao Curro da Praza. Actuación: La Maquinaria Band.
Luns, 16 de febreiro
17:00 h · Festa infantil de disfraces no Pavillón As Insuas (Serres). Colabora: ANPA Valdexería
17:00 h · Festa infantil de disfraces no Pavillón Xosé Lago (Esteiro). Colabora: ANPA Ricardo Tobío.
Martes, 17 de febreiro
17:00 h · Festa infantil de disfraces no Centro Social de Louro. Colaboran: ANPA Louro e SC Monte Louro.
Mércores, 18 de febreiro
17:00 h · Enterro do Facundo. Saída dende a praza do Cristo e queima na praia do Castelo. Actuación: La Maquinaria Band.
Venres, 20 de febreiro
17:00 h · Festa infantil de disfraces da biblioteca no Centro San Xosé (Muros).
Sábado, 21 de febreiro.
17:00 h · Festa infantil de disfraces no Centro Agrovello (Tal). Colabora: ACRD Cabanas.




