A CEMMA contabilizou 377 varamentos de fauna mariña en 2025, con Ribeira novamente á cabeza por concellos

12 Xaneiro 2026

A coordinadora CEMMA achegounos o seu balance de varamentos de cetáceos e outras especies mariñas correspondente ao ano que vimos de deixar atrás, informe enmarcado na actividade da Rede de Varamentos de Galicia-REVARGAL co-impulsada pola Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) e co apoio da Fundación Biodiversidad e Ministerio para la Transición Ecológica.

Varamentos 2025

Durante estas primeiras semanas do ano, os técnicos da CEMMA estiveron revisando e cribando todos e cada un dos rexistros do 2025 concluído que o número de encallamentos rexistrados en Galicia no 2025 foi de 377 exemplares de todas as especies, sendo a maioría cetáceos (85,9%), mais tamén tartarugas mariñas (4,0%), lobos mariños (1,3%), lontras (3,2%) e grandes peixes, como espadas, atúns ou quenllas (5,6%).

“Estas cifras, que non chegan aos valores dos últimos anos onde se superaron os 700 exemplares, mais seguen a ser moi altas, superando a media anual situada nos 270 exemplares entre 1990-2022”, sinalan dende a CEMMA.

Explican que por concellos habitualmente é Ribeira o que rexistra máis frecuencia, case 40 rexistros, mais sitúanse entre os 15 e os 20 exemplares anuais os municipios de Muros, Sanxenxo, Porto do Son, O Grove, Carnota, Fisterra. Mentres, os que superan os 10 exemplares ao ano son: Vigo, Bueu, A Coruña e Ferrol. Son os concellos que anualmente rexistran o maior número ao atoparse orientados a mar maior ou nas bocas das rías, cara ao interior vai descendendo o número de varamentos.

A maioría dos exemplares varados corresponden ao golfiño común, Delphinus delphis, máis do 59,7%, seguido de arroaz, Tursiops truncatus, 8,8%. En cambio outras especies como o caldeirón, Globicephala melas e o arroaz boto, Grampus griseus, especies relativamente frecuentes no pasado foron rexistrados varados en moi baixa frecuencia, menos do 1,2%. Unha parte dos exemplares, 4,2%, non foron identificados polo seu estado ou porque non puideron ser examinados.

A maioría dos cetáceos apareceron varados mortos e moitos deles en avanzado estado de descomposición polo que se descoñece a causa da morte. O 9,1% foron rexistrados con vida, con 34 exemplares vivos no caso dos golfiños foron reintroducidos no mar e que sobreviviron na maior parte dos casos. Mentres que as tartarugas mariñas foron recollidas para medio artificial controlado e rehabilitación para devolvelas ao mar rehabilitados.

A CEMMA engade que máis do 30% presentaban indicios de morte por captura accidental en faenas pesqueiras e mesmo algúns foron entregados a Rede de Varamentos para o seu estudo, no caso do golfiño común esta proporción ascende ata o 50%. Outros exemplares presentaban indicios de mortalidade a causa de enfermidades naturais.

Arroaces solitarios

Durante este ano 2025 a coordinadora continuou coa monitoraxe do arroaz solitario Confi en Ferrol a onde tiña chegado en decembro de 2024. “Por desgraza, o arroaz apareceu morto nun dos diques de Navantia no mes de xuño, non permitindo a empresa o seu exame”, lembraron.

Por outra banda realizouse o seguimento de dous exemplares de arroaz que viven afastados da manda, nai e cachorro: Ladeira e Ladiña, na ría de Arousa.

Falta de financiamento da Rede de Varamentos 2026

A CEMMA informou tamén dunha nova preocupante: o remate do proxecto REVARGAL. “A non continuidade do financiamento por parte do MITECO e a ausencia da recuperación do financiamento por parte da Xunta, pon nunha situación moi delicada a asistencia á fauna mariña varada en Galicia, pois a CEMMA non conta con fondos para atender ás ducias de cetáceos varados semanalmente”, sinalou, engadindo que “hai que lembrar que a Xunta financiou a rede de varamentos de Galicia con 100.000 € anuais entre os ano 2006-2009 mais neste momento os importes anuais non superan os 15.000 €, un 72% menos que cando comezou o apoio da Xunta á Rede de Varamentos no ano 1999”.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Barbacid, un científico pidiendo” – José Castro López

“Barbacid, un científico pidiendo” – José Castro López

El cáncer de páncreas es una de las enfermedades más letales de su género y avanzar en su curación no es solo un éxito científico, es una esperanza tangible para miles de personas. Por eso, la investigación biomédica no es un lujo ni un capricho, es una inversión...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.