A borrasca traerá chuvias intensas e forte vento ás Rías Baixas e Santiago este venres

29 Xaneiro 2026

As Rías Baixas e a comarca de Santiago de Compostela veranse afectadas este venres 30, pola chegada dunha nova borrasca, situada ao suroeste de Irlanda, que traerá asociada unha fronte fría moi activa. A situación deixará un día marcado pola inestabilidade meteorolóxica, con ceos parcialmente nubados e precipitacións frecuentes.

Nas Rías Baixas agárdanse chuvias máis persistentes e localmente intensas, especialmente durante a segunda metade do día, con posibilidade de treboadas e episodios puntuais de saraiba. En Santiago de Compostela tamén se prevén precipitacións, que poderán ser moderadas a fortes nalgúns momentos, acompañadas de aparello eléctrico.

As temperaturas experimentarán un descenso lixeiro a moderado en toda a zona, mentres que a cota de neve irá baixando progresivamente ata situarse arredor dos 900 a 1.000 metros ao final da xornada, afectando principalmente ás zonas de montaña do interior galego.

O vento soprará do oeste-suroeste con intensidade, sendo especialmente forte no litoral das Rías Baixas, onde se esperan refachos moi fortes, así como en zonas elevadas do interior. Recoméndase extremar a precaución nas áreas costeiras e durante os desprazamentos.

meteogalicia

O noso mar: Vento do sudoeste á mañá, do oeste á tarde e do noroeste á noite, forza 6 a 7 á mañá e 6 a 8 á tarde e á noite. Media vaga á mañá e vaga á tarde e á noite. Visibilidade regular. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 5 a 6 metros á mañá, 3 a 4 metros á tarde e 4 a 5 metros á noite.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.