A borrasca Ingrid deixa xa máis de 400 incidencia entre elas unha colisión entre catro turismos e un camión preto de Santiago

23 Xaneiro 2026
Corrubedo hoxe. O Barbanza

Este venres o 112 Galicia vén de rexistrar un total de 427 incidencias relacionadas cos efectos da meteoroloxía adversa que afecta á comunidade galega, nun contexto marcado por avisos laranxas por neve en varias zonas do interior e por fenómenos costeiros en todo o litoral galego.

A maior parte das incidencias xestionadas están relacionadas coa presenza de árbores e pólas nas estradas (161). Séguenlles as actuacións de prevención de riscos (63), como apuntalamentos ou revisións de elementos inestables; os restos de accidentes ou obxectos na vía (47), ao mesmo nivel que os restos de cables e postes de luz (47). Ademais, contabilizáronse 61 incidencias vinculadas á circulación por neve ou placas de xeo e 16 derrubamentos. Por provincias, o maior número de incidencias rexistrouse en Pontevedra (165) e A Coruña (161), seguidas de Ourense (63) e Lugo (37).

Dúas persoas foron excarceradas tras unha colisión que implicou a catro turismos e un camión na AP-9 ao seu paso por Santiago

Tres persoas foron trasladadas e os bombeiros traballaron para liberar aos condutores de dous dos vehículos.

Diario de Santiago

Ás 8:30 horas, o 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular implicado. Este explicou que acababa de colidir contra outro vehículo no quilómetro 69 da AP-9 en sentido A Coruña, á altura de Santiago. O alertador explicou que conseguira saír, pero podía haber persoas atrapadas.

Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Santiago, da Garda Civil de Tráfico e dos servizos de mantemento da estrada.

Unha vez no punto, os bombeiros confirmaron que tiveron que excarcerar aos condutores de dous vehículos implicados.

Finalmente, os servizos sanitarios evacuaron a tres persoas ao hospital de referencia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.