A ABE reabre este venres 2 de xaneiro o Parque Infantil de Nadal e pecha a campaña cun gran sorteo presencial de 3.000 €

02 Xaneiro 2026

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) reabre este venres 2 de xaneiro o Parque Infantil de Nadal (Boiro, corazón do Nadal), unha das accións centrais da campaña de Nadal deste ano impulsada pola patronal coa colaboración do Concello, que converte o Polideportivo da Cachada nun espazo de lecer, animación e dinamización comercial para toda a familia.

O parque estará aberto hoxe venres 2 e mañá sábado 3 de xaneiro, en horario de 16:30 a 20:30 horas, cun completo programa de actividades infantís e familiares, ao tempo que se desenvolven as últimas accións dunha campaña que culminará cun sorteo presencial de 3.000 € en vales de compra.

Programación do Parque Infantil

Venres 2 de xaneiro

Durante a xornada de hoxe, ademais dos inchábeis, zona infantil, música, photocall e degustacións, desenvolveranse dous obradoiros especiais:

17:00 a 18:30 h – Obradoiros artístico infantil Decora unha bola para a túa árbore de Nadal.

18:30 a 20:00 h – Taller Exprésate, no que os nenos e nenas poderán darlle unha segunda vida ao material de refugallo e convertelo en arte

Ambos os obradoiros serán impartidos pola asociación inclusiva local Amicos.

Durante toda a tarde permanecerá tamén aberto o Buzón Real, con mesas para escribir e decorar cartas dirixidas aos Reis Magos. Todas as cartas depositadas participarán nun sorteo especial de 3 festas de aniversario, cun valor total de 300 euros.

Sábado 3 de xaneiro

Mañá sábado o parque vivirá a súa gran xornada final, cun ambiente festivo e familiar:

Gran festa con DJ Moe

Apertura do Buzón Real e peche da participación no sorteo das cartas aos Reis Magos

Sorteo das 3 festas de aniversario, valoradas en 300 € en total

 Ás 21:00 horas celebrarase o gran sorteo presencial de 3.000 € en vales de compra, que poñerá o broche final á campaña de Nadal. O sorteo será presentado pola actriz boirense Marta Ríos, galardoada co Premio María Casares á Mellor Actriz Secundaria. 

Nas xornadas de hoxe e mañá poderanse seguir cambiando tíckets de compra por rifas para o sorteo no mesmo parque infantil.

Acceso ao parque

O acceso ao recinto é libre e gratuíto. Para participar nas degustacións e nos inchábeis será necesario presentar invitacións entregadas polos comercios asociados da ABE. O resto das actividades —zona infantil, obradoiros, Buzón Real, animación e actuacións— serán de acceso libre sen convite.

Dende a ABE anímase á veciñanza a achegarse ao parque nestas dúas últimas xornadas e a participar tanto nas actividades infantís como no sorteo final, pechando así unha campaña marcada pola participación, a ilusión e o apoio ao comercio local.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.