A ABE pecha a súa Campaña de Nadal cun balance” moi positivo”

07 Xaneiro 2026

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) fixo unha valoración “moi positiva” da súa Campaña de Nadal 2025-2026 desenvolvida en Boiro, unha iniciativa global de dinamización comercial que combinou accións de lecer familiar, actividades abertas á cidadanía e un sistema de incentivos ás compras no comercio local, dando continuidade a un modelo xa aplicado con éxito na campaña de verán, recoñecida e premiada pola Xunta de Galicia.

Como principal novidade desta edición, a ABE impulsou o Parque Infantil de Nadal, celebrado en catro xornadas no Polideportivo da Cachada, que se converteu, en palabras da ABE, “nun dos grandes atractivos das festas e nun importante espazo de encontro para as familias”. Ao longo das xornadas, o parque rexistrou unha elevada afluencia de público, con miles de persoas participantes, e pechou con 500 chocolates con biscoito repartidos, 1.894 bolsas de flocos de millo, 3.726 accesos aos inchábeis e obradoiros creativos cun 100 % de ocupación. Estes talleres, de carácter interxeracional, foron impartidos por AGADEA, Cruz Vermella Boiro e AMICOS, reforzando o compoñente social e inclusivo da campaña.

Dentro da programación de Nadal, un dos momentos máis agardados foi a visita de Papá Noel, celebrada o martes 23 de decembro. Nesa xornada, 500 nenos e nenas recibiron conos de lambonadas e máis de 600 crianzas participaron na gran recepción, sacando fotografías e gozando dunha experiencia moi especial para as familias de Boiro.

Máis alá das actividades de lecer, desde a ABE sublíñase especialmente “o éxito do modelo de participación comercial, baseado no troco de tíckets de compra dos negocios asociados”. Este sistema, xa testado con excelentes resultados no verán, “volveu demostrar a súa eficacia durante o Nadal”, explicou a asociación, engadindo que “o sorteo presencial de 3.000 euros en vales de compra, celebrado o sábado 3 de xaneiro, acadou cifras récord, con 10.488 rifas trocadas, superando mesmo os datos da campaña de verán Boiro, compras con corazón”.

Ademais, durante o troco repartíronse 300 calendarios e 400 bolsas da edición especial de Nadal da ABE.

A campaña incluíu tamén o sorteo vinculado ás cartas aos Reis Magos, cunha altísima participación. A Caixa de Correos Real (Buzón Real) recibiu centos de cartas, e o Polideportivo da Cachada presentou un cheo absoluto durante os sorteos, nun ambiente de gran expectación e apoio ao comercio local.

Desde a Asociación Boirense de Empresas destacan que a valoración global da campaña “non pode ser máis positiva, tanto polos datos de participación como pola resposta da veciñanza”. A entidade pon en valor que “unha asociación empresarial impulse unha campaña de Nadal destas características, aberta á cidadanía, con actividades gratuítas e un sistema de premios directamente ligado ás compras no comercio local, consolidando un modelo de dinamización comercial eficaz, recoñecido institucionalmente e que reforza o papel do comercio de proximidade en Boiro”.

Outros artigos

Elite e Consvial reformarán a escola infantil de Padrón

A mesa de contratación do Concello de Padrón adxudicou hoxe a construción da nova escola infantil á unión temporal de empresas formada pola firma padronesa Elite e a madrileña Consvial. A UTE comprométese a executar as obras nun prazo de seis meses e cun orzamento...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Valentía política” – José Manuel Pena

“Valentía política” – José Manuel Pena

A maior parte dos nosos políticos e gobernantes sempre falan, publicamente, do cumprimento da legalidade vixente. Á parte de que son eles os encargados de lexislar, non chego a comprender de que tipo de legalidade falan, se das leis ordinarias, dos Reais Decretos...

“Miseria humana” – Manuel Domínguez

“Miseria humana” – Manuel Domínguez

Todas las encuestas, absolutamente todas dan el resultado que en estas elecciones se llevaran un varapalo enorme, que la caída será de órdago, lo saben. Pierden como estaba previsto, tardan en analizar el fracaso. Resultado la culpa del fracaso es del muerto, la culpa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.