“2026: un ano con eclipse total que deixará en negro A Coruña” – Antón Luaces

02 Xaneiro 2026

Durante un minuto e 16 segundos no solpor do día 12 de agosto deste ano 2026, A Coruña permanecerá na máis absoluta escuridade por un evento atmosférico inédito: unha eclipse de sol total que se poderá ver desde a península por primeira vez nun século.

A expectación é máxima xa que logo España é o país no que mellor se poderá observar a fase de totalidade: cruzará zonas despoboadas de Groenlandia, parte de Islandia e unha pequena franxa de Portugal. A Coruña será o primeiro lugar de España en escurecerse. Após este fenómeno continuará por Lugo -onde a totalidade durará 1 minuto e 24 segundos- e seguirá ate Baleares. O resto de capitais galegas non acadarán a escuridade total.

A eclipse solar é un fenómeno astronómico que se produce cando a Lúa oculta total ou parcialmente o Sol  visto desde a Terra. Así é como o Instituto Xeofísico Nacional define un evento que xa está a causar expectación, malia que faltan máis de oito meses para que se produza. De feito, en agosto de 2025 foi creada unha comisión interministerial coa participación das comunidades autónomas, co obxectivo de se anticipar ás consecuencias turísticas , tanto directas como indirectas, do fenómeno: desde grandes colapsos de tráfico ata o aumento do risco de incendios. Os desprazamentos a zonas rurais despoboadas, con menos contaminación luminosa poden propiciar que se desaten en masa.

A eclipse comezará ás 17:34 horas (hora peninsular) no Mar de Bering e rematará ás 21:58 horas no Océano Atlántico, algo menos de catro horas e media. 

En España, A Coruña será o primeiro punto da península Ibérica onde se poderá contemplar o fenómeno, que se iniciará ás 19:31 horas e rematará ás 21:22. En total, 72 segundos.

Con esta, hai outras dúas datas máis de aquí a 2028: o 2 de agosto de 2027 (eclipse total, visible dende España e que será parcial en Galicia); o 26 de xaneiro de 2028, eclipse anular (con Galicia á marxe do fenómeno).  

Haberá, xa que logo, que aproveitar para observalos, porque non se poderá ver outra eclipse solar total desde España  ata o ano 2053.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

+

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.