Vella Escola fará un mural antipolución colaborativo no Polideportivo Pilar Barreiro Senra de Lousame

10 Decembro 2025

O Concello de Lousame abre inscricións nun obradoiro de pintura mural con Vella Escola Cultura Urbana, que está previsto para o vindeiro sábado 20 de decembro, de 11:00 a 13:00 horas, no Polideportivo Municipal Pilar Barreiro Senra. Dirixido a mozos e mozas a partir dos 10 anos de idade, as anotacións está abertas de forma gratuíta en bandoticket.com.

A rapazada que se anote terá a oportunidade de participar no deseño e execución dun mural con temática ambiental, que estará emprazado no interior do polideportivo municipal lousamiá. Da man de técnicos de Vella Escola Cultura Urbana, os mozos e mozas traballarán de forma colaborativa para crear unha obra de gran formato. “Unha iniciativa coa que promovemos habilidades sociais como a comunicación, a negociación ou o respecto polas ideas alleas ao tempo que cada persoas aporta o seu estilo e visión a unha obra que despois poderá desfrutar toda a veciñanza”, apunta Silvia Agrafojo, concelleira de Cultura.

Esta iniciativa está organizada por Vella Escola Cultura Urbana, en colaboración co Concello de Lousame, e conta con financiamento da Deputación Provincial da Coruña.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.