SEA adxudica o estudo de viabilidade para a posíbel ampliación do solo empresarial en Noia

04 Decembro 2025

A entidade Solo Empresarial do Atlántico (SEA) adxudicou á empresa Estudo Técnico Galego a elaboración do estudo de viabilidade, que determinará as condicións técnicas, económicas, urbanística e ambientais necesarias para a posíbel ampliación do parque empresarial de Noia.

A xerente de SEA, Beatriz Sestayo, mantivo este xoves 4 de decembro unha reunión con responsábeis de Estudo Técnico Galego, que se comprometeron a emitir un informe preliminar durante o mes de decembro. O estudo completo será entregado ao longo do mes de xaneiro de 2026.

Sestayo subliñou “o gran interese de SEA nesta zona porque cremos absolutamente no seu potencial económico”. Lembrou que a intención da entidade que dirixe é promocionar o asentamento de novas empresas en Galicia, xerando emprego e crecemento económico, e engadiu que “esta zona necesita que a apoiemos, porque existe unha gran demanda por parte do empresariado”.

Sestayo destacou ademais que a colaboración cos concellos é “esencial” para avanzar nestes desenvolvementos, valorando a implicación do Concello de Noia en facer posíbel o proxecto.

En conversa co alcalde, este trasladoulle a Sestayo a urxencia de dispoñer de máis superficie industrial, xa que o existente se atopa completamente esgotada e a demanda é altísima. Quixo agradecer a SEA a súa rápida resposta e comprometeu todo o apoio do seu equipo de goberno para conseguir alcanzar unha meta que supoñería un impulso decisivo para o desenvolvemento económico dea zona.

“Noia leva anos limitada non seu medre económico pola falta de solo industrial”, subliñou o rexedor, engadindo que “xa estamos a dar os primeiros pasos para resolver esta eiva”, e, de feito, n a propia reunión comunicou a Beatriz Sestayo que xa mantivera algunhas xuntanzas con empresarios da zona que lle aseguraron o seu firme interese en asentarse na posíbel superficie industrial.

Neste sentido, Sestayo confirmou que SEA considera a Noia como un espazo de alto potencial para ampliar o solo empresarial e adiantou que “se o estudo resulta favorábel, o primeiro que faremos é reunirnos tamén cos empresarios para testar a súa vontade de implantación na superficie industrial e recoller as súas solicitudes, ideas, necesidades para que o proxecto se desenvolva de forma adecuada e eficiente”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.