Santiago renova a tradición da Traslación do Apóstolo

30 Decembro 2025

Santalices lembra aos afectados polos incendios na Ofrenda ao Apóstolo e convida ao papa León XIV a visitar Santiago

O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices, participou este martes como delegado rexio no acto da Translación dos restos do Apóstolo Santiago, no que realizou a tradicional ofrenda en nome da institución. Durante a súa intervención, lembrou aos galegos afectados pola vaga de incendios do pasado verán e, ás portas da antesala do Ano Santo 2027, expresou que “sería unha honra” contar coa visita do papa León XIV, ao que convidou a “abrazar o Apóstolo, como xa fixeron varios dos seus antecesores”.

Os actos da cerimonia comezaron minutos despois das 11:00 horas na praza do Obradoiro, onde o delegado rexio, baixo un sol de inverno, pasou revista ás tropas en formación e saudou ás autoridades civís e militares asistentes.

Xa no interior da Catedral de Santiago, a comitiva incorporouse á procesión solemne portando unha imaxe relicario do Apóstolo Santiago, nun acto acompañado polo tradicional lanzamento do botafumeiro. Durante a ofrenda, pronunciada en galego e castelán, Santalices defendeu o “espírito do diálogo” e advertiu de que “nin o radicalismo nin a división” son ferramentas eficaces para facer fronte aos desafíos actuais, especialmente nun contexto europeo no que a “perda da cohesión” supón un risco para unha Unión Europea que, ao seu xuízo, “debe proxectar unha única voz no escenario internacional”.

O presidente do Parlamento galego subliñou tamén a importancia de preservar a convivencia democrática, ao asegurar que “ningunha ditadura vai ser nunca mellor que unha democracia, por moi imperfecta que sexa”.

Lembranza dos incendios e petición dunha base da UME

Na súa intervención, Santalices tivo un recordo especial para os galegos que durante o verán viron como o lume “batía perigosamente nas súas aldeas, nas súas paisaxes e nas súas vidas”. Como ourensán, agradeceu o labor da cidadanía e dos profesionais que afrontaron “con valentía” a vaga de incendios e insistiu na necesidade de “extraer leccións” da situación, apelando a “aparcar a contenda política para evitar que se repita”.

Neste sentido, levou ante o Apóstolo a petición de que Galicia conte cunha base permanente da Unidade Militar de Emerxencias (UME) en Toén.

Chamamento á paz e á fraternidade

Tras a ofrenda, o arcebispo de Santiago, Francisco José Prieto Fernández, apelou na súa homilía a construír unha sociedade “en paz, sen extremismos nin exclusións”, baseada na verdade, a xustiza e a liberdade. Desde a catedral compostelá, destacou o papel histórico do Camiño de Santiago como símbolo dunha Europa construída desde a convivencia e a hospitalidade.

“Hoxe Europa necesita reencontrar a súa alma, non pechándose, senón reafirmando os valores que a fixeron posible: dignidade humana, solidariedade, xustiza e responsabilidade”, afirmou.

Monseñor Prieto tamén se referiu a cuestións como a crise da vivenda ou a migración, que —segundo indicou— “non falan de cifras, senón de persoas”, lembrando as palabras do papa Francisco para insistir en que “ninguén pode quedar descartado” e en que a fraternidade debe traducirse en decisións concretas.

A Translación do Apóstolo Santiago, que se celebra de forma ininterrompida desde 1646, conmemora a chegada do corpo do Apóstolo a Galicia e constitúe un dos actos relixiosos máis simbólicos do calendario compostelán.

Outros artigos

Falece un home tras ser atropelado en Cee

Un home faleceu esta mañá tras ser atropelado na VG-1.4, ao seu paso pola parroquia de Toba, en Cee. O accidente produciuse no quilómetro aproximado 4 da vía. Un particular contactou co 112 Galicia ás 07:45 horas para informar do atropelo. Segundo indicaba, a vítima...

+

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.