Ribeira inaugura o Recuncho de Nadal dentro do Nadal Cultural 2025-2026

23 Decembro 2025

Ribeira deu a benvida a unha nova actividade incluída na programación do Nadal Cultural 2025-2026 impulsada pola Concellería de Cultura: o Recuncho de Nadal. A iniciativa, pensada especialmente para o público infantil e familiar, ten como escenario unha casiña instalada na praza de Porta do Sol.

A apertura tivo lugar esta tarde coa visita do Apalpador, quen se encargou de comprobar se a rapazada se portou ben e comeu axeitadamente ao longo do ano, repartindo caramelos como agasallo. O acto contou tamén coa presenza dos populares Bolechas, que se achegaron á cidade a través da Rede de Dinamización Lingüística, enchendo de ilusión e animación o espazo.

A programación do Recuncho de Nadal continuará nos vindeiros días coa visita doutros personaxes emblemáticos destas datas. Así, Papá Noel estará presente o 24 de decembro, en horario de 12.00 a 13.30 e de 17.00 a 19.00 horas.

Pola súa banda, o Carteiro Real será o encargado de recoller as cartas e peticións dos nenos e nenas dirixidas aos Reis Magos os días 26, 29 e 30 de decembro e o 2 de xaneiro, de 17.00 a 19.00 horas; o 27 de decembro e o 3 de xaneiro, de 12.00 a 13.30 e de 17.00 a 19.00 horas; e o 5 de xaneiro, de 12.00 a 13.30 horas.

Ademais, o Apalpador regresará a Ribeira o 31 de decembro, cun dobre pase de 12.00 a 13.30 e de 17.00 a 19.00 horas, pechando así o ano cunha actividade pensada para manter viva a tradición e a maxia do Nadal.

Outros artigos

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.