Rianxo vólvese subir ao bus do CDG para asistir á representación de “Memorias dun neno labrego”, o 9 de xaneiro en Santiago

17 Decembro 2025

O Concello de Rianxo segue a colaborar co Centro Dramático Galego e o seu programa de visitas á súa sede en Santiago, o Salón Teatro (o programa Sobes ao bus do teatro?). Agora, a veciñanza rianxeira terá a oportunidade de asistir á representación de Memorias dun neno labrego, a nova produción do CDC e Contraproducións. Será o 9 de xaneiro ás 15.30 horas con saída dende o Auditorio de Rianxo. A función dará comezo ás 18.00 horas no Salón Teatro. O prezo, 5 euros. As prazas serán limitadas, e requírese reserva.

Memorias dun neno labrego é un espectáculo baseado na obra emblemática de Xosé Neira Vilas. Dirixido por Cándido Pazó, Memorias dun neno labrego recupera a figura de Balbino, un personaxe clave da literatura galega contemporánea, para levar á escena unha serie de lembranzas que forman parte da memoria colectiva dunha Galicia rural marcada polo traballo, os silencios, as inxustizas sociais e os soños truncados. A montaxe, producida polo Centro Dramático Galego e Contraproducións, conta cun elenco formado por Xúlio Abonjo, Santi Romay, Manuel Cortés, Federico Pérez Rey, Iris Darriba, Mónica García e Ana Santos, e combina emoción, humor e unha relación directa co público para achegar esta historia a novas xeracións.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.