Rianxo renovará o paseo marítimo entre Rinlo e a praia de Pazo

30 Decembro 2025

Entre os proxectos aprobados este luns 29 de decembro no pleno da Corporación de Rianxo figura a renovación dun novo treito do paseo marítimo, unha infraestrutura de gran importancia turística que ademais dá servizo diario a centos de veciños nas súas actividades de lecer ao aire libre. O proxecto foi aprobado cos votos a favor de Rianxo en Común, Partido Popular e BNG e para materializalo o Concello participará no POS+ Adicional 4/2025 da Deputación da Coruña. A iniciativa, que conta cun orzamento de 227.360,21 €, permitirá remodelar o firme do paseo marítimo entre Rinlo e a praia do Pazo. Retirarase o actual firme de lousas e dispoñerase un novo base de formigón pulido roloteado, moito máis seguro e sustentábel dende o punto de vista do seu mantemento.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...