Rianxo nomea Fillos Predilectos a Xosé Romero e Maruxa dos Rosales

02 Decembro 2025

O pasado 30 de novembro o Concello e a veciñanza de Rianxo renderon unha sentida homenaxe a dous dos seus artistas máis queridos: Xosé Romero e Maruxa dos Rosales, os integrantes de Os Rosales.

A homenaxe desenvolveuse ao longo de toda a xornada en diferentes actividades, comezando arredor das 11.00 cun acto institucional e público de nomeamento de Fillos Predilectos de Rianxo a don Xosé Romero e dona Eclíptica Orbita “Maruxa dos Rosales” polo “seu importante labor no eido da música tradicional galega, e por ter destacado na defensa da cultura galega e dos valores democráticos”, segundo sinalou o alcalde Julián Bustelo na súa intervención.

Foi nunha Casa Consistorial ateigada de veciños, familiares de Xosé e Maruxa e membros do equipo do Goberno e da Corporación.

Máis tarde celebrouse unha sesión vermú a cargo de Carapaus, na carpa habilitada a carón do Auditorio Municipal. Ás 14.00 horas comezou un xantar popular na carpa do Auditorio e logo da comida, ás 17.00 horas, celebrouse outro acto de celebración con intervencións de amigos, familiares e dos grupos Amaiante, Río de Anxo e Silvaredonda. O acto pecharase interpretando A Camposa.

Os Rosales é un mítico e histórico dúo-grupo de folk galego creado na parroquia de Asados, en Rianxo, na década dos 1950. Está formado por Xosé Romero (gaita) e Maruxa (voz e bombo).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...