Rianxo entrega a ASANOG os máis de 7.000 euros recadados na Gladiator Race

31 Decembro 2025

Rianxo acolleu hai un par de meses a súa primeira Gladiator Race, un reto deportivo e de lecer no que participaron uns 300 menores de entre 3 e 12 anos vivindo unha xornada única cunha carreira que aglutina deporte, diversión e solidariedade.

Daquela anunciouse que o recadado sería destinado á asociación de nenos con cancro de Galicia (ASANOG) e que o Banco Mediolanum aportaría á dita entidade unha cantidade igual á recadada. No día deste 30 de decembro tivo lugar no Consistorio de Rianxo o acto formal de entrega do importe total acadado: un total de 7.248€.

A cita celebrouse o pasado18 de outubro.

Gladiator Kids é a modalidade para a rapazada da proba deportiva Gladiator Race. “Na Gladiator Kids as nenas e nenos poderán gozar dun percorrido de obstáculos adaptado á súa idade para que poidan pasar un intre divertido, acompañados dos seus pais ou familiares”, sinalan dende a organización.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.