Rianxo adicará a políticas sociais os 82.500 euros do POS+ Adicional 1 da Deputación

30 Decembro 2025

O pleno da Corporación de Rianxo celebrado este luns 29 de decembro saldouse con importantes acordos, entre eles a aprobación da proposta do Goberno para participar no POS+ Adicional 1/2026 da Deputación da Coruña por un importe total de 82.456,46€.

A proposta (que contou cos votos a favor de Rianxo en Común, do Partido Popular e do BNG) permitirá, entre outras cousas, financiar o servizo de apoio social e comunitario destinado a persoas con sufrimento psíquico, o servizo de envellecemento activo posto en funcionamento nas parroquias, así como as axudas municipais de emerxencia para persoas en risco de exclusión.

Con cargo aos fondos provinciais tamén se ampliará o catálogo do servizo gratuíto de préstamo de axudas técnicas do Concello de Rianxo. aumentaranse as prazas do programa Xantar da Casa, segundo informou o alcalde Julián Bustelo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.