O intelectual galego e profesor na Universidade de Barcelona, Camilo Fernández Valdehorr
Galicia, en xira de presentación da revista que el dirixe, ‘reNova Galiza’, do Foro Cívico Galego de
Barcelona. No mesmo volume, de 366 páxinas, están os números 5, 6 e 7, xunto cun caderno
conmemorativo do vinte e cinco aniversario do Foro Cívico Galego de Barcelona, asociación fundada
en 1999 e, como tal, rexistrada no Rexistro de entidades da Generalitat de Catalunya, en 2002.
Os promotores din que se trata dunha revista de pensamento cívico, estudos culturais e
solidariedade galega. Nas presentacións en Santiago, Coruña e Lugo, o director di que ‘reNova
Galiza’ é unha publicación que bebe do espírito de `Nova Galiza´, dirixida por Castelao, Dieste e
Carmen Muñoz en Barcelona, entre 1937 e 1938.
E, segundo a propia publicación, saída do prelo o pasado trinta de outubro, trátase do “tributo e
conmemoración do setenta e cinco aniversario do pasamento de Daniel Rodríguez Castelao”. Para
ler os textos desta revista cómpre tempo. Son moitos e longos, son para reler, para pensar, falar
deles, aprender e recordar. Son textos sobre a nosa cultura, as nosas palabras, o pensamento, a nosa
xente, da terra e da diáspora.
Todos eles son textos que falan de nós, do que fomos e do que pretendemos. De nós, da arte de nós,
da política, da literatura, da emigración e da solidariedade conveniente. Nun deles, o xornalista
Perfecto Conde escribe sobre a casa natal de Castelao e comparte a idea de que debe ser tomada en
consideración, xunto coas de Rafael Dieste e Manuel Antonio. As casas destes ilustres rianxeiros
deberían formar parte do patrimonio cultural de Galicia.
Son moitos e interesantes os temas a tratar nesta publicación e moitas as persoas e os personaxes
relacionados, un deles é Jei Noguerol, aquel cantautor que, nos anos setenta, reivindicaba o arranxo
da carretera: “Señor ministro por favor / Amañe-me a carretera / que máis parece un camiño / que
non se pode andar sequera…”.
E, despois dun concienciudo repaso aos andares literarios e culturais dos últimos anos, remata esta
revista-libro, ao gusto da Tía Manuela, cuns versos de F. Delgado Gurriarán, “Galicia é infinda! /
Nosa Galicia é máis que toda a terra… / Galicia só limita coa Saudade…”.
Luns 21, tempo seco e as temperaturas estables ou en lixeiro ascenso
Continuamos sen cambios significativos no meteorolóxico. Este luns 21, San Mateo, será unha xornada de marcada estabilidade atmosférica en todo o territorio autonómico. Durante as primeiras horas do día formaranse bancos de néboa en zonas do interior. Non obstante,...


