Padrón reforza os servizos á cidadanía con sete novas prazas de persoal municipal

27 Decembro 2025

O Concello de Padrón reforzará a súa estrutura municipal coa aprobación da oferta de emprego público correspondente ao ano 2025, que se suman á convoctoria doutras dúas prazas máis, iniciativas que teñen como fin “mellorar a atención á cidadanía e a capacidade de xestión dos servizos municipais”, segundo informou o Goberno local, engadindo que este venres 26 de decembro quedou aprobada na Mesa Xeral de Negociación a oferta de emprego público do Concello de Padrón, que inclúe un total de cinco prazas: unha praza de oficial-xefe da Policía Local, dúas prazas de axente da Policía Local, unha praza de oficial de obras e servizos e unha praza de peón-condutor de obras e servizos. Esta oferta contou co visto e prace unánime de todas as persoas que forman parte da Mesa.

A estas incorporacións da oferta de emprego público súmanse outras dúas prazas cuxas bases e convocatoria foron aprobadas o pasado luns 22 de decembro: unha praza de traballador/a social e outra de administrativo/a, que permitirán reforzar áreas clave para o funcionamento diario da administración local e a prestación de servizos á veciñanza.

Segundo explicou o alcalde de Padrón, Anxo Arca, estas medidas responden á necesidade de dotar ao Concello dos recursos humanos necesarios para superar o déficit de persoal que padecen algúns departamentos. “Con estas incorporacións gañaremos capacidade de traballo, axilidade na xestión e maior eficacia na execución das tarefas pendentes”, sinalou.

O rexedor subliñou ademais que “Padrón necesita un corpus de traballadoras e traballadores municipais suficiente, tanto en número como en capacidade, para funcionar coa normalidade que merece a cidadanía. Este pobo leva demasiado tempo apenas sobrevivindo a causa da grave carencia de persoal”.

Con esta oferta de emprego público e as novas convocatorias, o Concello dá un paso adiante no seu “compromiso por fortalecer os servizos municipais e mellorar a atención á veciñanza”.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.