Padrón inaugura a súa primeira pista de xeo natural o venres 5 de decembro

02 Decembro 2025

O sinal de comezo do Nadal xa se albisca en Padrón dende o pasado domingo 30 de novembro co prendido de luces, que dá paso a unha variada programación que teñen preparada dende o Concello da comarca do Sar: música, teatro, deporte, actividades de animación e unha gran novidade este ano, trátase da instalación da primeira pista de xeo natural da historia do municipio.

A pista, situada na contorna do pavillón do Souto, conta cunha superficie de 240 metros cadrados e estará operativa dende este venres 5 de decembro até o 11 de xaneiro e instalarase baixo carpa para garantir o seu uso en calquera condición meteorolóxica.

A pista de xeo abrirá ao público en diferentes franxas segundo o calendario escolar. Durante os días lectivos funcionará de luns a xoves entre as 16.30 e as 22 horas; os venres e sábados prolongará o horario até as 22.30 horas; e os domingos abrirá de 11 a 14 horas e, pola tarde, de 16.30 a 22 horas.

Nos períodos non lectivos, de luns a venres, a instalación ofrecerá dúas quendas, de 11 a 14 horas e de 16.30 a 22 horas. En datas especiais, como os días 24 e 31 de decembro ou o 5 de xaneiro, a pista abrirá de 11 a 19 horas. Pola súa banda, o 25 de decembro, o 1 de xaneiro e o 6 de xaneiro funcionará en horario de tarde, de 17 a 22 horas.

Os centros educativos tamén poderán desfrutar da pista -agás en períodos vacacionais- de luns a venres entre as 10 e as 14 horas, sempre mediante reserva previa. Nestes casos aplicarase unha bonificación e o prezo será de 4 euros.

A entrada terá un prezo de 7 euros por sesión, cun tempo de uso de 40 minutos. As reservas para grupos e colexios deberán formalizarse a través do número de WhatsApp 655 604 833.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.