A Asociación de Empresarios de Ribeira (AER) informou de que este 9 de decembro levouse a cabo no local da patronal o primeiro sorteo da Campaña de Nadal 2025, unha campaña cunha gran participación por parte de veciños e clientes do comercio de proximidade de Ribeira. Só para este primeiro sorteo hai máis de 2.000 tíckets rexistrados na web, o que supón, en palabras da asociación, “un éxito rotundo de participación”.

Sorteáronse un total de 1.000 euros en premios, así como 10 entradas dobres para a pista de xeo, ademais de realizarse unha doazón de 100 euros a Cáritas como parte do compromiso social da campaña.
Primeiro premio – 200 €
• Sergio Ballesteros Torrado – Bar A Fiestra
Premios de 100 €
• Pituca Hermo Seráns – Calzados Horacio
• Alicia Patiño Sampedro – Max China
• Ramona Mariño García – Frutería Mercabarbanza
Sorteáronse tameń 10 vales de 50 € e 10 entradas dobres para a pista de xeo entre os participantes.
Os vales de 50€ repartíronse nos seguintes establecementos: Trastiños, Lolita Moda, Spar Express-Palmeira, Chinela, Arcos Café, Galana, El Golimbreo, Electrodomésticos Sampedro, Chaira e Os Nenos.
E as entradas á pista de xeo: Confeitería Dominga, O Capricho, Mmagoe, Cosmos, Decorlux, El Ricón de Chocolate, La Urbana Store, A Poutada, Marfil e Confeitería Fina.
A partir deste 9 de decembro as persoas gañadoras poderán acudir á Asociación para recoller os seus premios, que poderán seguir gozando e gastando durante estas datas nos establecementos adheridos á campaña, impulsando así o comercio local.
“Agradecemos a colaboración de todos os establecementos implicados e o apoio do público, que un ano máis contribúe a dinamizar o comercio local durante estas datas tan especiais”, sinalou a directiva da AER tras facer este primeiro balance da Campaña de Nadal 2025.



