O PSOE de Rianxo reitera a necesidade “dunha actuación urxente” na praza da Fonte e no reforzo da balaustrada do Campo de Arriba

20 Decembro 2025

O Grupo Municipal Socialista de Rianxo vén de emitir un comunicado no que reitera “a necesidade dunha actuación inmediata de limpeza e mantemento dos cristais da fonte situada na praza da Fonte”, así como “a revisión e reforzo urxente da balaustrada do Campo de Arriba, ante os reiterados desprendementos rexistrados nos últimos meses”.

Os socialistas din que nas últimas semanas recibiron “diversas queixas da veciñanza tanto polo estado de sucidade e deterioro da fonte” como “pola falta de actuación integral na balaustrada, da que xa caeron pedras en catro ocasións”.

A agrupación engade que “recentemente produciuse un novo desprendemento” e que o Concello, apunta o PSOE, “limitouse a sinalizar unicamente o tramo afectado, sen realizar unha revisión global da estrutura, malia existir indicios de que poderían verse comprometidos outros puntos”.

Desde o PSOE de Rianxo advirten de “que esta situación supón un risco evidente para a seguridade das persoas, especialmente tendo en conta que
se trata dunha zona moi transitada e cun uso intensivo durante as festas”. Engaden que “proba da gravidade do problema é que, na zona da Guadalupe, foi necesario instalar un valado especial derivado destes desprendementos”.

Os socialistas solicitan que “se leve a cabo unha revisión urxente, completa e baixo supervisión técnica cualificada de toda a balaustrada do Campo de
Arriba, incluíndo tamén a situada por enriba do parque infantil, onde xa se rexistraron percances semellantes no pasado”.

Reclaman tamén que “esta revisión inclúa un informe técnico que determine o estado real da estrutura e as actuacións necesarias para garantir a seguridade”. Do mesmo xeito, o PSOE de Rianxo insiste en que “calquera actuación de limpeza ou mantemento debe realizarse seguindo criterios técnicos axeitados, evitando prácticas inadecuadas que poidan danar as estruturas”. Desbotan neste sentido o a limpeza mediante auga a presión, un
método “non válido para este tipo de elementos, xa que provoca danos nas xuntas e pode comprometer a estabilidade da estrutura”. Lembran que “este tipo de actuacións xa tivo consecuencias negativas noutros espazos do concello, como no lavadoiro de Río de Sima, onde se produciron filtracións de auga e retirouse o vernizado da madeira”.

No que respecta á fonte da praza da Fonte o PSOE considera que “a falta de limpeza e mantemento regular proxecta unha imaxe negativa do concello
e contribúe ao deterioro dos materiais, podendo mesmo xerar problemas de seguridade pola acumulación de restos orgánicos”. Reclaman ao Goberno local “celeridade, planificación e rigor técnico, especialmente nunhas datas nas que estes espazos son utilizados de maneira intensiva”.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...