O Liceo de Noia organiza este sábado pola noite unha degustación de conservas de Mariscadora e un concerto de Malasombra Jazz

12 Decembro 2025

A agrupación Malasombra Jazz dará un concerto este sábado 13 de decembro en Noia: unha cita organizada pola Sociedade Liceo de Noia, que incluirá (previamente) unha degustación de conservas. Será, polo tanto, unha noite de blues, soul e funk para celebrar a calidade dos nosos produtos delicatessen do mar, concretamente da Conserveira Mariscadora (regados con viño branco). A cita dará comezo ás 21.30 horas coa degustación e proseguirá unha hora máis tarde co concerto de Malasombra Jazz.

Malasombra Jazz é un grupo musical con base en en Santiago de Compostela que empezou dar os seus primeiros concertos no ano 2013 e cuxas diversas formacións foron cambiando ao longo do tempo.

A súa formación en 2025 compóñena Fredi Miserable á batería, Álvaro P. Vilariño naguitarra, Juan Froján no baixo eléctrico, Juan Peñas ao saxo alto, Manuel Varela na voz e Guillermo “Willy” Prieto na trompeta, coa colaboración do pianista Javier Constenla. O seu repertorio actual abrangue unha variedade de estilos (blues, soul, latin) pero sen perder nunca a súa conexión co jazz. Así, ademais de estándares destes estilos, incorporan tamén versións propias de temas interpretados por Jamie Cullum, John Scofield, Sting, Marvin Gaye, Santana, Michael Bublé, Stevie Wonder ou Bill Withers.

Pódese escoitar unha mostra da súa música e traxectoria na súa web e nas redes sociais Facebook e Instragram.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.