O Concello de Ribeira este martes 23 ás inscricións para a participación da rapazada na Cabalgata de Reis 2026

22 Decembro 2025

Melchor, Gaspar e Baltasar visitarán Ribeira na tradicional Cabalgata no 5 de xaneiro de 2026 cun total de 6 carrozas (unha por cada Rei Mago, a Estrela de Belén, o Carteiro Real e unha de temática mariñeira). Atendendo á normativa de seguridade, existen un total de 60 prazas para a rapazada.
Deste xeito, o Concello de Ribeira acorda ofrecer á cidadanía en xeral a totalidade das prazas mediante un procedemento de inscrición e posterior sorteo público, sendo a organización quen facilite os traxes dos paxes segundo as súas idades.

A rapazada aspirante deberá reunir os seguintes requisitos: estar empadroados en Ribeira e ter unha idade comprendida entre os 5 e 10 anos (ambos cumpridos á data de celebración do desfile).

O período de inscrición abrangue do 16 ao 21 de decembro, ámbolos dous incluídos, e o procedemento formalizarase mediante a presentación da solicitude no Rexistro do Concello de Ribeira por dúas vías: de maneira presencial, achegando o documento cuberto na Oficina de Atención Cidadá, en horario de 09.00 a 14.00 horas; ou de forma telemática (con certificado dixital) a través da sede electrónica, accedendo a trámites destacados e a solicitude xenérica para tramitar a solicitude e axuntar a ese procedemento a ficha de inscrición cuberta.

Rematado o prazo para anotarse, farase o sorteo público para determinar as 60 solicitudes seleccionadas.

A normativa e a ficha de inscrición tamén están a disposición en www.ribeira.gal.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.