O Concello de Ribeira culmina a adquisición das parcelas para o futuro polígono industrial

02 Decembro 2025

O Concello de Ribeira despediu o mes de novembro culminando o proceso de compra das parcelas pendentes para o futuro polígono industrial. En concreto, este último proceso de compra atinxiu a dúas fincas situadas no termo municipal da Pobra do Caramiñal afectadas polo futuro polígono industrial ribeirense, por un importe total de 39.754,13 euros.

A alcaldesa, María Sampedro, destacou que “cumprimos co noso compromiso de que os terreos quedasen mercados no mes de novembro. Isto supón un paso máis cara a materialización do futuro complexo empresarial, que posibilitará que medre o noso tecido produtivo e, en consecuencia, a economía local. Cremos que é unha boa nova para o conxunto da cidadanía e chegamos a este punto mediante un acordo cos propietarios das parcelas afectadas”.

Engadiu que o proxecto da ampliación do solo industrial eríxese “como unha das nosas prioridades, pois consideramos que é preciso acelerar o proceso para que pase do papel á realidade. Agora poñeremos todo o noso empeño para buscar vías de financiamento que permitan executar esta ansiada aspiración”, sinalou a rexedora.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.