O Concello de Ribeira colabora co festival solidario de Kids&Us a favor da Fundación Andrea

03 Decembro 2025

Unha nova cita de Nadal con fins solidarios chega a Ribeira. A academia de inglés Kids&Us organiza un festival solidario a favor da Fundación Andrea, coa colaboración do Concello, que terá lugar no sábado, 6 de decembro, ás 17.00 horas, no antigo auditorio municipal.

As nenas e nenos serán protagonistas nunha gala presentada por elas/es mesmas/os integramente en inglés, onde haberá cancións, teatro e baile. Contará coa participación dunha trintena de rapaces con idades comprendidas entre os 3 e os 10 anos.

Durante a presentación, o concelleiro de Servizos Socias, Vicente Mariño, fixo fincapé na importancia deste tipo de iniciativas “que buscan a implicación da sociedade a favor dunha causa, alentando así o espírito colaborador propio destas datas. Trátase dun festival feito por nenos e para nenos. A rapazada da academia de inglés presentará este espectáculo co que se busca recadar fondos para a Fundación Andrea de apoio a nenos con enfermidades de longa duración, crónicas ou terminais”.

Pola súa parte, Lorena Romero, directora de Kids&Us, acompañada de Verónica Hermo, coordinadora pedagóxica, explicou que non é o primeiro ano que colaboran coa Fundación Andrea, se ben si o fan baixo o formato de festival. Deste xeito, a cidadanía amosará a súa solidariedade e o alumnado terá tamén ocasión de practicar o seu nivel de inglés.

As entradas poden adquirirse a un prezo de 5 euros no propio local de Kids&Us, situado na rúa Xohana Torres, ata o venres 5, de decembro, en horario de 10.00 a 13.30 e de 16.00 a 20.30 horas.

Todo o recadado irá destinado á Fundación Andrea. Ademais, no transcurso da gala, rifaranse agasallos doados por empresas da contorna.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.