O Concello de Padrón abre o prazo de inscrición para a XXIII Padrón 10K

16 Decembro 2025

O Concello de Padrón abriu este martes 16 de decembro o prazo de inscrición para a XXIII edición da Padrón 10K, unha cita xa plenamente consolidada como referente no calendario atlético galego, que se celebrará o sábado 7 de febreiro de 2026 con saída e meta no Campo do Souto.

A competición, organizada polo Concello de Padrón coa colaboración da Deputación da Coruña, a Federación Galega de Atletismo e Kaiku-Protein, está aberta a persoas corredoras de todas as idades, con ou sen licenza federativa, e contará co control do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo. A proba forma parte do Calendario Oficial da FGA.

Percorridos homologados e ampla participación

Un ano máis, a Padrón 10K ofrecerá carreiras adaptadas a todas as idades, desde os 60 metros das categorías pitufo ata os 10 quilómetros absolutos, incluíndo tamén a proba de 5K.

As carreiras escolares abrirán a xornada deportiva a partir das 16.00 horas, mentres que a 5K dará comezo ás 16.50 h e a proba estrela, a 10K, iniciarase ás 17.40 h.

As categorías pitufo e prebenxamín manterán o seu carácter non competitivo, promovendo a participación e o deporte base, mentres que o resto das categorías, desde sub10 ata máster, competirán con clasificacións oficiais.

Os circuítos de 5K e 10K están homologados pola Real Federación Española de Atletismo, polo que as marcas obtidas computarán para as clasificacións oficiais.

Inscricións abertas ata o 4 de febreiro

As inscricións poderán realizarse ata as 23.59 horas do mércores 4 de febreiro de 2026 a través da plataforma www.emesports.es.

A participación nas categorías escolares ata sub14 será de balde, mentres que para as carreiras de 5K e 10K establécense dous tramos de prezo; 7 € ata o 23 de xaneiro de 2026, e 9 € do 24 de xaneiro ao 4 de febreiro de 2026. Cada participante poderá inscribirse nunha única distancia, 5K ou 10K.

Premios en metálico e trofeos

A carreira de 10K contará con premios en metálico para a clasificación absoluta masculina e feminina, con 250 €, 150 €, 75 € e 50 € para os catro primeiros postos, ademais dun premio especial de 50 € para o mellor corredor ou corredora local.

Tamén se entregarán trofeos aos tres primeiros clasificados de cada categoría, aos mellores equipos, ao club ou centro educativo con maior participación, ao participante de máis idade que remate a proba e aos mellores atletas das carreiras de 5K. As categorías escolares recibirán medallas e obsequios.

A entrega de premios celebrarase no Auditorio Municipal do Centro Social ás 19.15 horas, unha vez finalizadas as probas absolutas.

A organización porá á disposición das persoas participantes servizos de cronometraxe por chip, avituallamento, gardarroupa, duchas nos pavillóns municipais, atención sanitaria, seguro deportivo, fotografía profesional e sinalización completa do percorrido.

O Concello de Padrón organiza a XXIII Padrón 10K como un evento que transcende a simple competición deportiva, consolidándose como unha celebración do atletismo popular, fomentando hábitos de vida saudables, a convivencia interxeracional e a proxección deportiva do municipio.

Toda a información, regulamento completo e resultados oficiais poderán consultarse en emesports.es, carreirasgalegas.com, atletismo.gal e na web do Concello de Padrón.

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.