O Concello de Boiro recibe ao alumnado do CEIP Santa Baia

03 Decembro 2025

O alcalde, José Ramón Romero, e a concelleira de Ensino, Carmen Silva, recibiron na mañá deste mércores 3 de decembro, no salón de plenos do Concello de Boiro, ao alumnado de 5º de primaria do CEIP Santa Baia de Boiro. Durante a xornada tiveron oportunidade de trasladar as súas inquedanzas sobre as principais problemáticas detectadas no municipio.

Na visita, os voceiros das distintas aulas do centro, trasladaron ao alcalde e á concelleira as súas inquedanzas en canto á contaminación ou o cambio climático e puideron preguntar ao primeiro edil polas medidas que está a levar a cabo o Concello en materia medioambiental e de coidado do medio.

A rapaza mostrouse especialmente interesada no traballo dos departamentos municipais encargados da limpeza viaria, a recollida de lixo e o saneamento para garantir a limpeza do municipio e o coidado do noso medio.

O alcalde, José Ramón Romero, deu resposta a todas as preguntas e inquedanzas formuladas polos nenos e nenas e mostrouse gratamente sorprendido “pola implicación destes rapaces e rapazas na actualidade municipal e polo gran coñecemento que teñen do funcionamento dos servizos públicos e o seu interese en cambiar hábitos que nos van levar a un futuro mellor”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.