O Concello de Boiro pecha o ano con 6.743.259 euros licitados en obras e servizos subvencionados

26 Decembro 2025

O Concello de Boiro pecha o ano cun importe licitado en obras e actuacións subvencionadas de 6.743.259 euros. Entre os contratos máis destacados están a rehabilitación da Casa da Cultura de Boiro, instalación de fotovoltaicas en inmóbeis municipais ou pavimentos en diversos puntos do municipio.

Obras na Casa da Cultura de Boiro

“Algunhas das actuacións están xa finalizadas e outras atópanse en fase de execución”, informou o Concello, engadindo que a actuación máis grande licitada este ano é rehabilitación integral da Casa da Cultura de Boiro, unha actuación que ascende aos 3.854.895 euros e que conta co financiamento do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible e o Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana mediante o PIREP Local mediante a que se vai acondicionar o edificio ás necesidades actuais dotándoo de accesibilidade universal e eficiencia enerxéticas.

Entre as actuacións realizadas atópanse as instalacións de fotovoltaicas en Protección Civil, instalación deportiva da Cachada e Pavillón de Praia Xardín; unhas actuacións financiadas polo INEGA e que ascenden aos 242.590 euros.

Amais, adxudicouse a adquisición de dous vehículos, un multiservizo e un camión de biorresiduos; e a rehabilitación dunha vivenda para destinar a emerxencia social.

En canto a pavimentados licitáronse actuacións en Moimenta, Mañóns, no Polígono Industrial de Espiñeira, no Boiro de Arriba, a Aspra, Cubeliños, Xian, Runs e San Mauro ou no Esteiro. Tamén se licitaron actuacións no parque de Cimadevila, o lavadoiro de Comoxo, beirarrúas da Avenida da Constitución.

“Isto é o resultado dun gran traballo dende diversos departamentos municipais para a captación de fondos de outras administracións que nos permiten levar a cabo obras ou adquisicións que non serían posibles unicamente con fondos propios”, afirmou o alcalde, José Ramón Romero.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.