O Concello de Boiro ofrece un curso de robótica para a rapazada

01 Decembro 2025

O Concello de Boiro ofrece un curso de robótica, drons, lentes e realidade virtual e impresión 3D dirixido a rapaces e rapazas de entre 8 e 14 anos co obxectivo de “fomentar a aprendizaxe e desenvolvemento de habilidades tecnolóxicas básicas nunha contorna educativa e lúdica”. Para participar é preciso inscrición previa.

Nun plano máis detallada, o curso abranguerá formación introdutoria ao manexo de vehículos aéreos non tripulados, conceptos básicos de impresión 3D, introdución á realidade virtual, introdución á robótica, uso seguro de Internet e ferramentas dixitais e xogos e actividades didácticas relacionadas coa informática.

As clases terán lugar na aula CeMIT do Centro Social de Boiro todos os luns entre o 12 de xaneiro e o 30 de marzo en horario de 16.30 a 18.00 horas.

A inscrición no curso é gratuíta pero as prazas son limitadas polo que se precisa inscrición previa, que se debe formalizar entre o 1 e o 9 de decembro no Rexistro Xeral ou sede electrónica do Concello de Boiro. As bases de participación e os formularios de solicitude están dispoñíbeis na web municipal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.