O Concello de Boiro leva a cabo obras de pavimentado e mellora da seguridade viaria na avenida Jesús Alonso, unha actuación dun importe de 24.911,59 euros que se leva a cabo mediante fondos propios.
As obras que se están a levar a cabo contemplan por un lado a pavimentación co obxectivo de mellorar a seguridade viaria co fresado da zona na que se vai actuar, de 1205 metros cadrados, e o pavimento con mestura bituminosa en quente.
A actuación completarase co pintado de marcas viarias así como a sinalización horizontal con bandas redutoras de velocidade, cebreados, pasos de peóns e velocidade.




