O Concello da Pobra retira sedimentos do Lérez para previr desbordamentos

06 Decembro 2025

O Concello da Pobra do Caramiñal iniciou a retirada de sedimentos acumulados no río Lérez ao seu paso polo lugar que leva o mesmo nome, unha actuación demandada pola veciñanza e coa que se busca reducir o risco de desbordamentos durante os meses de maior intensidade de chuvias.

O alcalde, José Carlos Vidal, e a concelleira de Obras, Patricia Lojo, achegáronse onte á zona de actuación para supervisar o inicio destes labores.

A intervención consiste na eliminación de area, terra e vexetación acumulada nunha das marxes do río, elementos que, co paso do tempo, foron dificultando o fluxo natural da auga neste tramo urbano.

Para levar a cabo estes traballos, o Concello tivo que solicitar a autorización de Augas de Galicia. En paralelo á actuación no Lérez, o Concello aproveitou para acometer labores de limpeza no lavadoiro situado na mesma contorna.

Segundo destaca o rexedor, a esta actuación seguiranlle outras para “garantir a boa saúde dos ríos, poñendo especial énfase en tarefas preventivas como esta”.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.