O BNG urxe ao PP na Xunta a actuar ante “a falta de depuración de augas residuais en Noia”

11 Decembro 2025

A portavoz de Pesca do BNG, a pobrense Rosana Pérez, emprazou o Goberno do PP na Xunta a reaccionar diante do “problemón” que supón para toda a comarca a “total falta” de depuración das augas residuais en Noia, nas súas palabras “unha grave situación que se arrastra desde hai anos e que, alertou, afecta de xeito evidente e grave á ría, a onde van parar boa parte dos vertidos”.

É un problema de país”, asegurou, engadindo que “é moita hora de que o Goberno galego se implique, que sexa parte principal da solución e que teña en conta os miles de persoas que viven da ría, que xa padece perda de produtividade e outros problemas que limitan o seu potencial”, advertiu a deputada da comarca, que máis unha vez levou esta cuestión a debate no Parlamento cunha pregunta ao director de Augas de Galiza, Roi Fernández.  

Rosana Pérez afondou “na gravidade dunha situación que xa provocou a apertura dun expediente de infracción por parte da Comisión Europea e que xa está ocasionando multas o Concello”.

“Aínda que os traballadores e traballadoras do Mar son os principais damnificados, non son os únicos. Toda a cidadanía de Noia e da ría está máis o menos gravemente afectada”, apuntou.

É por iso que a deputada nacionalista reclamou á Xunta que “colabore co Concello e que tome medidas, a comezar polos Orzamentos de 2026, establecendo un calendario de actuacións e de investimentos para reverter progresivamente a situación e dar cumprimento ao Plan Director de Saneamento elaborado pola propia Administración galega”.

Un  plan que data do 2021 e no que, segundo subliñou Rosana Pérez, “xa deixaba tres advertencias principais: a primeira, que o 25 % da poboación de Noia (arredor de 4.000 persoas) verte directamente ao medio, en moitos casos aos ríos e á ría; a segunda, que no caso da poboación que si está conectada a rede, o estado das infraestruturas só permiten xestionar o 42 % das augas residuais que chegan ao sistema; e terceiro, que o polígono industrial verte directamente ao medio polo saneamento ineficiente”.

A deputada nacionalista denunciou que, malia este diagnóstico, o PP na Xunta “non comezou as obras de mellora da EDAR ata finais de 2024”, unha actuación que o BNG considerou “imprescindÍBEL” pero “insuficiente”, polo que é preciso seguir avanzando no desenvolvemento do 2º Plan Director de Saneamento.

Rosana Pérez insistiu en que a Xunta debe actuar con máis dilixencia porque o falta de saneamento de Noia e un “tema de País”, un auténtico “problemón”, dixo tomando prestado o cualificativo que o presidente da Xunta utilizou para referirse ao deterioro da presa de Eiras, que abastece Vigo e 8 municipios da comarca. “Xa están tardando” en actuar, recrimonoulle ao director de Augas, ao que emprazou a demostrar que é a Xunta quen “lidera” e “capitanea” a resolución dos grandes problemas do País.

Outros artigos

Este xoves 1 será unha xornada máis solleira e con vento do nordés

Comeza outubro baixo o dominio das altas presións, o que propiciará unha xornada de progresiva estabilización meteorolóxica e ausencia xeral de precipitacións. O día comezará con bancos de néboa e nubes baixas en diversos puntos do interior. Co avance da mañá esa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.