O BNG reclama ao Goberno a humanización da N-550 ao seu paso por Escravitude, en Padrón

22 Decembro 2025

O Bloque Nacionalista Galego demanda ao Goberno do Estado “a posta en marcha dun plan integral para a humanización da estrada N-550 ao seu paso polo núcleo de poboación de Escravitude, no termo municipal de Padrón”. O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, e a voceira municipal, Beatriz Rei, lembran que esta é unha demanda histórica da veciñanza que continúa sen unha resposta efectiva malia as reiteradas reclamacións realizadas nos últimos anos.

A agrupación lembra que a N-550 atravesa o núcleo histórico de Escravitude, onde se atopa o Santuario e outros elementos de alto valor patrimonial e cultural, moi frecuentados por peregrinos e visitantes, e engade que malia todo isto, “a accesibilidade e a seguranza viaria son moi deficientes, con ausencia de beirarrúas axeitadas e unha convivencia perigosa entre vehículos e persoas”.

“Estamos a falar dun tramo urbano dunha estrada estatal que carece das mínimas condicións de seguranza e accesibilidade. Non se pode seguir adiando unha actuación que é urxente e xusta para a veciñanza e para todas as persoas que transitan por Escravitude” afirmou Néstor Rego, que avanzou que o BNG trasladará esta problemática ás Cortes do Estado mediante iniciativas parlamentarias dirixidas ao Ministerio de Transportes.

Neste sentido, Beatriz Rei lembrou que no pasado mes de xaneiro a veciñanza presentou no Concello un escrito avalado por 370 sinaturas, reclamando un plan de humanización do núcleo, vertebrado pola N-550 e afectado tamén polo paso da liña ferroviaria. “A complexidade administrativa non pode servir de escusa para a inacción. É preciso coordinación entre o Ministerio, ADIF, a Xunta e o Concello para dar unha solución real” subliña Rei.

Entre as demandas veciñais, que o BNG tamén leva reclamado durante moito tempo figuran a dotación dunha rede de saneamento, a construción dunha glorieta na N-550 na intersección co vial da Queiruga, a ampliación das beirarrúas nun dos marxes da estrada e a negociación con ADIF para a cesión de terreos ferroviarios en desuso que permitan crear espazo público e zonas de estacionamento.

Néstor Rego denuncia a falta de avances malia os compromisos adquiridos polo actual alcalde de Padrón. “A veciñanza leva anos presentando reclamacións e recordatorios sen obter respostas claras. Non se trata dunha demanda nova nin caprichosa, senón dunha necesidade básica para garantir a seguridade e a calidade de vida” indica.

O BNG insiste que a humanización da N-550 ao seu paso por Escravitude debe ser unha prioridade e reclaman vontade política e prazos concretos para desbloquear unha actuación fundamental para Padrón. “Non imos deixar soa á veciñanza. Seguiremos presionando nas institucións para que esta demanda sexa atendida dunha vez” conclúe.

Outros artigos

Esther Piñeiro presenta en Noia o seu libro poemas “Sempre Lela”

A autora Esther Piñeiro presentará en Noia Sempre Lela, publicado pola editorial local Toxosoutos. A cita será este venres 25 de setembro ás 20.30 horas, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos. Trátase, segundo avanza o Concello de Noia nas redes, dun pequeno...

+

Luns 21, tempo seco e as temperaturas estables ou en lixeiro ascenso

Continuamos sen cambios significativos no meteorolóxico. Este luns 21, San Mateo, será unha xornada de marcada estabilidade atmosférica en todo o territorio autonómico. Durante as primeiras horas do día formaranse bancos de néboa en zonas do interior. Non obstante,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.