O Auditorio de Muros acolle este sábado o espectáculo de maxia familiar “Un show incríbel”, de Cayetano Lledó

24 Decembro 2025

O Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros pechará o ano cunha proposta pensada para gozar en familia: Un show incríbel, o espectáculo de maxia de Cayetano Lledó, que está programado para o sábado 27 de decembro ás 18:00 h. Trátase dun espectáculo cheo de humor, música e efectos sorprendentes, no que o ilusionismo se mestura coa comedia para crear unha experiencia dinámica e participativa. Ao longo da función, o público será testemuña de xogos imposíbeis, situacións inesperadas e momentos cheos de sorpresa, nun formato pensado para público familiar.

Cayetano Lledó é un mago con ampla traxectoria internacional, con participación en festivais e congresos de maxia dentro e fóra de Europa, e actuacións en teatros de países como Canadá, Xapón, China, Francia, Italia, Finlandia ou Suíza. Neste espectáculo reúne técnicas innovadoras xunto a clásicos da maxia, adaptados a un ton próximo e divertido para todas as idades.

A concelleira de Cultura, Caridad González, sinalou que estamos ante “unha proposta perfecta para o Nadal, un espectáculo familiar que combina ilusión, humor e participación, e que convida a compartir cultura e diversión nunha data tan especial”.

Sábado, 27 de decembro ás 18:00 h

Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros

Espectáculo de maxia familiar

Entradas dispoñibles na billeteira electrónica do Concello de Muros e nas oficinas do Centro Cultural e Xuvenil de Muros

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.