Noia reivindica o seu Nadal ante unha ateigada rúa do Curro noseu Sorteo do Décimo

27 Decembro 2025

Este venres 26 de decembro celebrouse na ateigada rúa do Curro unha nova edición do Sorteo do Décimo de Noia, organizado polo Concello de Noia en colaboración coa asociación empresarial Noia Histórica, nunha xornada marcada pola alta participación e o ambiente festivo propio destas datas. A principal novidade deste ano foi a ampliación dos premios, así como a integración de 30 lotes de Nadal, que se sortearon ao inicio da xornada e que, segundo confirmaron Concello e patronal, foron recibidos con gran entusiasmo polo público.

Ao longo da mañá e da tarde, catro urnas distribuídas por toda a rúa do Curro foron recibindo un número continuo de visitantes, nunha participación “impresionante e que consolida o sorteo como unha cita clave do Nadal noiés”, tal e como destacou Abel Pan, concelleiro de Eventos. A medida que se achegaba a hora prevista para o sorteo, a cola estendíase por máis da metade da rúa, mostrando unha vez máis a capacidade de convocatoria desta actividade.

A xornada deu comezo cunha panxoliña cantada a coro, que envolveu o espazo nun ambiente emotivo e comunitario. Despois, a organización
procedeu a envorcar todas as urnas nunha de maior tamaño, paso previo ao inicio do sorteo. Mantendo a tradición, a “man inocente” recaeu novamente nos cinco nenos e nenas de Pontenafonso, encargados de cantar os décimos premiados e os nomes das persoas agraciadas entre aplausos e emoción.

O sorteo comezou cos 30 lotes de Nadal, para continuar despois cos bonos de compra, que este ano contaron cunha entrega de premios compartida entre representantes municipais e da asociación organizadora. Alba Expósito, presidenta de Noia Histórica, encargouse de facer entrega do Premio Especial de Noia Histórica, dotado con 800€, subliñando que “cada ano conseguimos que o Sorteo do Décimo de Noia siga medrando; a incorporación dos lotes reforza o carácter comunitario desta celebración e impulsa o comercio local, que é o corazón de Noia Histórica”.

Posteriormente, na entrega dos dous segundos premios de 500€ e dos tres terceiros premios de 300€, participaron Francisco Pérez, alcalde de Noia; Manolo Seijas, tenente de alcalde; Sandra González, segunda tenente de alcalde; e Abel Pan, concelleiro de Eventos, nun acto no que, segundo palabras de Manolo Seijas, “unimos tradición, ilusión e vida nas rúas, cun orgullo inmenso polo compromiso e entusiasmo da nosa veciñanza”.

O alcalde Francisco Pérez fixo unha valoración moi positiva do acontecido e do Nadal en marcha: “As rúas de Noia están cheas de vida e felicidade, e
iso é o mellor agasallo que podemos recibir como Concello. Vese nas caras da xente, na alegría das máis pequenas e pequenos, na participación masiva en cada actividade. Este Nadal está a traer un ánimo extraordinario á vila, e imos seguir traballando para mantelo”.

A xornada pechouse cunha nova panxoliña entoada colectivamente polos asistentes e cun convite do Concello de Noia a participar no tradicional
prefinde de ano, que terá lugar o 31 de decembro ás 12:00h diante da Casa do Concello, como despedida festiva deste 2025.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...