Noia reabre o Museo do Mar coa colaboración da Asociación Mar de Noia

02 Decembro 2025

O Concello de Noia anuncia a reapertura do Museo do Mar nun acto que terá lugar no mesmo inmóbel o venres 5 de abril ás 19.00 horas, froito do traballo conxunto coa Asociación Mar de Noia.

Na presentación estiveron presentes o tenente de alcalde Manolo Seijas, a concelleira de Cultura Chelo Martínez e o presidente da Asociación Mar de Noia, Félix González.

Durante o acto, Manolo Seijas explicou que “cando entramos no goberno, o Museo estaba totalmente abandonado: os aparellos electrónicos non funcionaban. Pouco a pouco imos poñendo orde e recuperando espazos culturais para a veciñanza”.

Pola súa banda, Chelo Martínez anunciou que o Museo do Mar reabrirá inicialmente os días 11, 12 e 13 de decembro, e que logo desenvolverase unha programación especial de Nadal, con apertura practicamente todas as mañás. A partir de xaneiro, o centro museístico abrirá dous días á semana, e porase en marcha unha canle na páxina web do Concello para solicitar visitas de grupos.

Desde o Concello de Noia e a Asociación Mar de Noia destácase “a importancia de recuperar un espazo de divulgación e memoria ligado ao mar, elemento esencial da identidade e historia do municipio”.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.