Noia prende o venres 12 as luces de Nadal cunha gran festa con música e chocolate con churros

08 Decembro 2025

O Concello de Noia vai celebrar a festa do acendido de Nadal o vindeiro venres 12 de decembro, a partir das 19.00 horas, con epicentro a carón do palco da música da Alameda. O programa inclúe o prendido do alumeado, dirixido e oficiado pola comunidade da asociación inclusiva A Creba, e unha vertente musical a cargo da Coral Polifónica de Noia, que interpretará cancións tradicionais destas datas sinaladas: panxoliñas.

Tamén haberá, para veciños e visitantes, degustación de chocolate con churros para celebrar o inicio oficial das festas de Nadal na vila noiesa. Será, en palabras do Concello, “un momento especial para iniciar xuntos as celebracións”.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.