O Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira acolleu a presentación do libro Gaza. Un xenocidio televisado, de Mohamed Safa, publicado polo selo galego Medulia Editorial.
Safa naceu en Cisxordania (Palestina) e estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela, especializándose en Oftalmoloxía.
Afincando na nosa terra, concretamente en Corcubión, participa activamente en iniciativas culturais e políticas para dar visibilidade á causa palestina, e é autor de varios libros e artigos sobre Palestina e o conflito con Israel, ademais, de participar en charlas e conferencias polo mundo falando da situación de Gaza e dos dereitos do pobo palestino.

É membro da Organización para a Liberación de Palestina (OLP) e escribiu numerosos artigos, dado conferencias, participado en iniciativas culturais e políticas para visibilizar a causa palestina, así como publicado varios libros, entre eles Palestina, berro pola liberdade (2003); A revolución árabe. Democracia, nacionalismo e relixión (2017); e A Segunda Nakba Palestina (2022).

“Mohamed Safa chama xenocidio televisado ao horror que vemos cada día: un pobo esmagado en directo mentres o mundo observa en silencio. Todo está diante dos nosos ollos… e aínda así seguimos sen detelo”, destacaron dende a agrupación local do BNG, que estivo presente na presentación dando o seu apoio ao escritor e, por extensión, á causa palestina.



