Medio Ambiente financia con preto de 70.000 euros varias melloras no saneamento e abastecemento de Outes

12 Decembro 2025

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e o alcalde de Outes, Francisco Calo, asinaron un convenio de colaboración para a execución de distintas actuacións de mellora nas infraestruturas de saneamento e abastecemento deste municipio coruñés por importe de preto de 70.000 euros.

Os traballos son financiados por Augas de Galicia, que tamén ofrecerá apoio técnico, e a súa execución corresponde ao Goberno local. A intervención máis importante afecta ao tratamento de augas residuais e consistirá no acondicionamento dos bombeos nos lugares de Bendimón, Central e Requeixiño, cun investimento de máis de 48.000 euros.

En canto ás actuacións relacionadas co abastecemento, centraranse na modificación do sistema de filtrado da estación de tratamento de auga potábel (ETAP) de Roo co fin de evitar a turbidez da auga en épocas de fortes choivas, ao que se destinará un orzamento de máis de 18.000 euros.

Esta infraestrutura distribúe 1.200 metros cúbicos de auga ao día procedentes do río Outón e “en épocas de choivas intensas os seus filtros teñen un funcionamento deficiente que provoca que a auga saia turbia polo arrastre de terra e materia orgánica”, explicaron a conselleira e o rexedor, engadindo que para “solucionar o problema, modificarase o sistema de filtrado da auga e o seu automatizado para que poida realizar os lavados con auga limpa dos depósitos e evitar a subministración de auga con sucidade”.

Esta actuación enmárcase na colaboración tanto técnica como económica que mantén desde hai anos Augas de Galicia cos concellos -que son os competentes en materia de abastecemento, saneamento e depuración- para contribuír a profesionalizar a xestión da auga, garantir o bo estado ecolóxico dos ríos e das rías de Galicia e a mellorar a calidade duns servizos que son básicos para a cidadanía.

De feito, o orzamento de Augas de Galicia para 2026 sobe un 5,5%, ata os 151,7 millóns de euros para seguir optimizando o saneamento e o abastecemento coa mellora e creación de infraestruturas, a formación e a divulgación de técnicos e cidadanía, e a execución de políticas de prevención ante os riscos climáticos e que aumenten a resiliencia hídrica da comunidade.

En global, o organismo hidráulico dedicará o próximo ano 7 de cada 10 euros do seu orzamento a abastecemento e saneamento -108,7 millóns de euros- e case a metade -73,6 millóns de euros-, especificamente a investimentos para mellorar ou construír infraestruturas hidráulicas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.