María Sampedro felicita a Thomas Borges e Olivia Martínez pola súa creatividade ilustrando o Nadal de Ribeira

03 Decembro 2025

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, fixo entrega este martes 3 de decembro dos premios a Thomas Borges Vega, do Galaxia, na modalidade de cartel, e Olivia Martínez Pego, do CEIP Palmeira, na de postal, por ser os gañadores dunha nova edición do Concurso Escolar de Deseño de Cartel e Postal de Nadal. Este certame contou coa participación de máis de 500 nenos e nenas dos colexios de Palmeira, Castiñeiras, Oleiros, Frións, Artes, Carreira, Galaxia, O Grupo e Bayón, así como da Asociación Ambar.

O xurado que deliberou cales das propostas merecía as distincións estivo composto pola concelleira de Cultura, Ana Barreiro; o xestor cultural municipal, Unai González; e os artistas Fernando Yáñez e Goretti Bello.

A rexedora e a edil fixeron entrega dos premios a Thomas e Olivia; un recoñecemento de cadanseus 150 euros baixo o formato de vales de compra para material escolar e libros no comercio local, ademais dun diploma e ser as imaxes que ilustren a época do Nadal en Ribeira.

“Os máis pequenos son os protagonistas indiscutíbeis destas datas e, con este concurso, acadan máis importancia, se cabe, no noso Nadal co seu talento para ilustrar o sentimento ribeirense. Unha iniciativa na que involucramos a familias e comunidade educativa e que tamén redunda positivamente no noso comercio a través dos premios”, en palabras da mandataria local.

Tamén se pronunciou a edil, para quen “os nenos tamén son os que nos agasallan ao conxunto da sociedade ribeirense coa súa creatividade. Eles son os nosos mellores embaixadores para felicitar as festas nestas datas”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.