Mar pon en marcha unha web de estacións de rastrexo de parámetros ambientais

05 Decembro 2025

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, acompañada das directoras xeral de Desenvolvemento Pesqueiro e do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño (INTECMAR), Ángeles V. Suárez e Covadonga Salgado, respectivamente, participou este venres 5 de decembro na presentación da web de estacións de monitoraxe de parámetros ambientais en augas pouco profundas que tivo lugar en dito centro, dependente da Consellería do Mar.

Trátase dunha acción que se enmarca no proxecto Redecos II, e que o INTECMAR leva a cabo en colaboración da Federación Galega de Confrarías de Pescadores. A súa finalidade é “modernizar o sistema de recollida de datos relativos á salinidade e temperatura nos bancos marisqueiros do litoral galego, co obxectivo de mellorar o coñecemento e xestión das zonas dedicadas ao cultivos de especies marisqueiras e dos riscos aos que se enfronta o sector”.

Para isto, ademais desta plataforma online, a iniciativa inclúe a instalación de 12 novos dispositivos (máis coñecidos como sondas) para a obtención da información, que tamén será integrada nas plataformas de xestión do Observatorio Costeiro.

Redecos iniciouse no 2022. Na primeira fase, adquiríronse tres sondas para o estudo das mellores condicións para o fondeo das mesmas nas posicións do Lombos do Ulla, Miño e Barallobre.

Inclúese en Redemar, a Rede que une o sector pesqueiro e os organismos científicos, e que analiza a situación de diferentes rías, co obxectivo de contribuír a contar con mellor información sobre a situación dos recursos e planificar accións que garantan o futuro do mar.

A conselleira do Mar anunciou na presentación que o seu departamento vai incrementar en 2026 un 20 % o investimento destinado a este plataforma, ata os 2,4 millóns de euros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.