Luís Pérez Barral agradeceu á veciñanza de Palmeira a súa vontade de participar “activamente na mellora da parroquia”

10 Decembro 2025

O BNG de Ribeira celebrou este 9 de decembro en Palmeira a segunda das reunións incluídas no ciclo Parroquias con voz, un encontro que volveu contar cunha participación moi elevada e que permitiu abrir un espazo de diálogo directo coa veciñanza.

Durante a xuntanza púxose en común o traballo desenvolvido nos últimos dous anos e medio de lexislatura, ao tempo que se recolleron propostas e necesidades que a veciñanza quixo trasladar directamente ao BNG.

O portavoz municipal e exalcalde, Luís Pérez Barral, acompañado de concelleiras do grupo municipal, agradeceu “a enorme resposta da xente de Palmeira e a súa vontade de participar activamente na mellora da parroquia”.

Destacou tamén que estes encontros “confirman que existe un forte interese da veciñanza por coñecer o traballo feito e por manter canles estables de participación e transparencia. A veciñanza quere ser escoitada e gústalle participar dun modelo que pon as persoas no centro e pensa nas necesidades das parroquias”.

Durante a xuntanza tamén se abordaron varios temas como a necesidade de mellorar o transporte público, aplicar medidas de calmado de tráfico en determinadas zonas onde se rexistran velocidades excesivas así como propostas para mellorar a ordenación viaria e de estacionamentos.

900.000 euros investidos en Palmeira en dous anos e medio

Durante a súa intervención, Pérez Barral destacou que “o conxunto das obras e melloras executadas en Palmeira neste período ascenden a 900.000 euros, unha cifra moi positiva que reflicte como as políticas emprendidas co BNG na Alcaldía se melloraron as parroquias e se atenderon as demandas da veciñanza”.

Segundo destacou o portavoz nacionalista, estas actuacións supoñen “un antes e un despois na calidade de vida xa que se atenderon demandas veciñais que levaban anos pendentes”.

Renovación do parque da Rochela 45.000€

Renovación do parque Horta do Cura e mellora da contorna 140.000€

Dotación de auga potable e saneamento en Lixó 150.000€

Dotación de saneamento en Lombas 207.000€

Renovación servizos de auga potable, saneamento e pavimentación na rúa da Cambra 82.000€

Renovación da liña de auga potable na rúa Barreiro 38.000€

Pavimentación e renovación da rede de abastecemento na rúa Agriña (Palmeira) 116.000€

Proxectos previstos e xa orzamentados

Pérez Barral explicou tamén que o seu goberno deixou “planificados e financiados novos investimentos que continuarán mellorando a parroquia nos vindeiros meses”. Entre eles destacou a ampliación liña de auga para consumo doméstico na rúa Riazor cunha dotación de 115.500€ e tamén a pavimentación e renovación da rede de abastecemento na rúa Agriña orzamentada en 116.000€.

“Fixéronnos unha moción de censura a pesar de que a xente estaba contenta cun goberno que funcionaba. Fronte a débeda de 13 millóns de euros que nos deixou o PP, o BNG deixa traballo feito con proxectos redactados e orzamento preparado para seguir mellorando as parroquias”, subliñou.

Aposta pola transparencia e pola escoita activa

O BNG destacou que “esta xuntanza en Palmeira reforza o modelo de participación iniciado no anterior mandato: achegar ás parroquias información clara sobre o traballo feito, manter un diálogo constante e permitir que a veciñanza forme parte das decisións que afectan ao seu día a día”.

“Estamos moi agradecidos pola resposta que estamos recibindo nestas reunións. A xente transmítenos cariño, apoio e moita confianza no traballo realizado. Saber que a veciñanza valora o esforzo e que quere seguir falando connosco dálle forza ao noso compromiso de seguir traballando con honestidade e proximidade”, destacou Pérez Barral.

Vindeiras citas nas parroquias

O ciclo Parroquias con voz continuará esta semana coas reunións previstas en:

Carreira, martes 16 de decembro ás 19:30h no Centro Social

Aguiño, mércores 17 ás 19:30h na Confraría

As restantes encontros desenvolveranse despois do Nadal e serán anunciadas a través dos canais oficiais do BNG de Ribeira.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...