Rianxo presenta os resultados do laboratorio Ecosocial, tras seis anos de traballo pola xestión sostible dos montes do Barbanza

05 Decembro 2025

Julio Abalde salienta o labor do Laboratorio Ecosocial do Barbanza para recuperar e protexer o territorio

O Laboratorio Ecosocial do Barbanza (Fundación Ría, presentou en Rianxo, nun acto co-organizado polo Concello, os resultados dos seus seis anos de traballo pola xestión sostíbel dos montes do Barbanza. A xornada celebrouse no Pazo de Martelo (Praza Rafael Dieste, Rianxo) e estivo aberto á cidadanía. Serviu para facer balance de seis anos de traballo que están a consolidar o Laboratorio como un proxecto referente na prevención de incendios, recuperación de terras en abandono, creación de emprego verde e fortalecemento da biodiversidade no Barbanza.

No evento interviñeron Julián Bustelo, alcalde de Rianxo; Rosa Ana García, deputada de Emprego e Industria da Deputación da Coruña; e Julio Abalde Alonso, subdelegado do Goberno de España na Coruña, xunto a outros representantes das entidades socias do proxecto.

O Laboratorio Ecosocial do Barbanza é unha iniciativa da Fundación RIA e do grupo de investigación HISTAGRA da USC, que naceu en 2020 co obxectivo de promover unha reactivación sostible do territorio a partir do coñecemento das comunidades locais. Ao longo destes catro anos, o proxecto foi medrando en rede, incorporando axentes do territorio: comunidades de montes, universidades, administracións e outras entidades do terceiro sector. A Fundación RIA coordina este proxecto, integrado pola Plataforma pola Defensa del Monte, a Universidade de Santiago de Compostela (a través do CISPAC e os grupos de investigación HISTAGRA e UXAFLORES), a Universidade Pablo de Olavide, o Concello de Rianxo e a Fundación Montescola.

Julio Abalde, subdelegado do Goberno na Coruña, sinalou que “este é un proxecto estratéxico que combina ciencia, compromiso comunitario e innovación para impulsar un novo modelo de xestión sostíbel no Barbanza”.

Lembrou que en febreiro de 2024, a iniciativa recibiu un impulso de 2 millóns de euros das axudas para o fomento da bioeconomía forestal da Fundación Biodiversidade do MITECO, orientadas a avanzar en tres grandes eixes: prevención de incendios e multifuncionalidade forestal, creación de emprego verde e investigación con participación comunitaria. Tamén salientou que entre os resultados máis relevantes acadados até o momento destaca a planificación conxunta de máis de 2.000 hectáreas, actuacións silvícolas en máis de 500 hectáreas, a participación de 600 persoas voluntarias en accións de restauración ambiental e o desenvolvemento de liñas de investigación en servizos ecosistémicos e rehabilitación de solos.

O proxecto continúa medrando con novas accións, como un plan de ordenación conxunta en seis comunidades de montes, a posta en marcha dun rabaño mancomunado de máis de 130 cabras, a creación dunha comunidade enerxética, a produción de compost, a plantación de frondosas e o uso compartido dun aserradoiro portátil, ademais da creación de emprego local e da implicación do tecido educativo e voluntario da zona.

O recoñecemento outorgado polo MITECO o pasado mes de setembro no acto celebrado no Colexio Oficial de Arquitectos de Madrid, presidido pola ministra Sara Aagesen, pon de manifesto a capacidade do Laboratorio Ecosocial do Barbanza para articular coñecemento científico, xestión comunitaria e coordinación institucional. Tal e como subliñou Abalde, “o Laboratorio Ecosocial do Barbanza demostra que a cooperación institucional e comunitaria é clave para recuperar e protexer o territorio”.

O proxecto conta co apoio da Fundación Biodiversidade do MITECO no marco do PRTR, financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.