Este venres 5 de decembro celebrarase no Auditorio Municipal rianxeiro a I Xornada de Ciencia e Arqueoloxía en Rianxo (no primeiro andar do Auditorio, a partir das 18.00 horas), un evento divulgativo e investigador organizado polo Concello que contará coa presenza de tres integrantes do Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC que falarán sobre outras tantas cuestións de relevancia moi relacionadas con Rianxo e coa comarca:
–Mentes Materiais. Unha visión neurocientífica da arqueoloxía, a cargo de Felipe Criado.
–Pedras no Monte. Traballos actuais na paisaxe megalítica da Serra do Barbanza, a cargo de Jadranka Verdonkschot.
–O experimento en Os Mouchos (Rianxo) ou como condicionan os petróglifos a nosa conduta – Manuel Santos.
Esta primeira xornada vén a inaugurar unha xeira de encontros anuais destinados á divulgación científica en Rianxo, segundo confirmou o Concello.




