Este sábado celébrase en Asados a festa de Santa Lucía

11 Decembro 2025

Este sábado 13 de decembro celébrase a festa de Santa Lucía en Asados, organizada pola Asociación A Leoria en colaboración co Concello de Rianxo. Serán a partir das 9.00 horas no núcleo de Santa Lucía, contarase con carpa para protexer aos asistentes das inclemencias do tempo.

A festa terá unha marcada vertente relixiosa, con misas ás 9.00, ás 10.00, ás 11.00 e ás 12.00 (cantada).

De xeito paralelo celebrarase A Feira do 13, un mercado con produtos locais e artesanía.

Entre as misas haberá un cantar de cego con O Cegho de Matamá e Aldariña de Candeán.

A vertente gastronómica da celebración contará con cantina, pulpeiras/os e callos.

Haberá sesión vermú con Eva e Camilo, antes do xantar.

Xa pola tarde, celebrarase unha misa solemne ás 18.00 horas. A festa rematará cun concerto de A Requinta de Lampai.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.