Entregados os diplomas de atención á clientela en aeroportos no marco do programa Amicos Onboarding

17 Decembro 2025

A asociación inclusiva da nosa comarca Amicos celebrou este mércores, 17 de decembro, o acto de peche do curso Atención á clientela en entornos aeroportuarios, no que participaron un total de once persoas nas últimas semanas e que esta mañá recibiron os seus diplomas de mans de Miguel
Beiro, responsable de Alianzas con Persoas e Empresas de Amicos. Esta formación realizouse ao abeiro do proxecto Amicos OnBoarding, posto en marcha pola asociación Amicos e financiada por Enaire.

Amicos-Inclusión: OnBoarding é un proxecto que desenvolve itinerarios de inserción laboral vinculados ás necesidades e demandas de emprego nos aeroportos galegos. O obxectivo desta iniciativa é “facilitar o acceso ao mercado laboral das persoas con discapacidade, ao tempo que se favorece a súa inclusión en espazos públicos”.

Neste senso, estes itinerarios seguen unha metodoloxía centrada na persoa, cun servizo de orientación laboral especializado, apoio para a inserción na empresa e acompañamento e asesoramento. Isto, tanto para a persoa usuaria coma para a empresa, co obxectivo non só de promocionar a contratación por parte de empresas relacionadas cos aeroportos galegos, senón tamén de outorgar ferramentas para o mantemento do emprego.

Dende a súa posta en marcha, en abril de 2025, o equipo do proxecto atendeu a máis dunha trintena de persoas e formou á mesma cantidade. Isto supón un 170% do obxectivo de atender a un total de 20 persoas e o 261% das 13 fixadas para formar. Asemade, realizáronse un total de 127 horas de orientación e conseguiuse o 43% das insercións fixadas. A iniciativa desenvolverase ata abril do próximo ano.

Enaire, aliado da inserción laboral de persoas con discapacidade
Enaire é o xestor estatal da navegación aérea en España. Como empresa do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible, presta servizos de control de tránsito aéreo nas fases de Ruta e Aproximación de todos os voos con orixe/destino nacional e sobrevoos. Ademais, xestiona os servizos de comunicacións, navegación e vixilancia de Enaire no conxunto do espazo aéreo e en toda a rede de aeroportos de AENA en España, e proporciona os servizos de control de tráfico aéreo de aeródromo en 21 aeroportos, entre eles os de maior tráfico.

Enaire é o cuarto xestor europeo de tráfico aéreo, e é membro das alianzas internacionais Alianza A6, SESAR Joint Undertaking, SESAR Deployment Manager, iTEC, CANSO e ten unha intensa colaboración con OACI. Enaire obtivo a maior cualificación no indicador clave de rendemento en seguridade aérea a escala europea por cinco anualidades consecutivas. Ademais, conta co Selo EFQM 600 pola súa xestión segura, eficiente, innovadora e sostible dos servizos de navegación aérea.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.