En Ribeira, adíase en Castiñeiras a celebración do Nadal nas Parroquias

22 Decembro 2025

O Concello de Ribeira informa do cambio na data de celebración do Nadal nas Parroquias para Castiñeiras, na casa da cultura e no adro a igrexa, polo pasamento do seu párroco, don Ricardo Villaverde, quen está sendo velado na igrexa parroquial hoxe e mañá (luns 22 e martes 23 de decembro). Deste xeito, a proposta que estaba programada para este martes, 23 de decembro, trasládase ao domingo, 4 de xaneiro de 2026, de 17.00 a 20.00 horas, no mesmo lugar. Haberá obradoiros, inchábeis, visita do Carteiro Real e sesión disco.

Con motivo deste cambio, a Concellería de Cultura montará os inchábeis no exterior do Centro Social de Corrubedo no día de mañá, de 17.00 a 19.00 horas, coincidindo cunha actividade de Nadal que alí se desenvolve por parte do tecido asociativo.

Foto: Vista área de Castiñeiras de Fran Domínguez

Outros artigos

Proseguen os traballos de extinción do lume de Ribasieira (O Son)

Este martes 22 de setembro segue activo o lume forestal do concello de Porto do Son, orixinado e focalizado (polo de agora) na parroquia de Ribasieira, nun lugar de difícil acceso que pola súa complicada orografía e pola precariedade dos accesos motivou onte o...

+

Noia celebra un obradoiro básico e práctico de lingua galega

O Departamento de Normalización Lingüística do Concello de Noia pon en marcha unha nova actividade dirixida a persoas adultas interesadas en iniciarse no uso oral e escrito do galego: un obradoiro básico e práctico de lingua galega. A actividade formativa será de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.