En Noia, a Brigada Municipal de Obras mellora as marquesiñas nas parroquias

17 Decembro 2025

A Brigada Municipal de Obras de Noia vén de poñer en marcha dúas actuacións importantes en marquesiñas do concello:

Por unha banda no Canaval, onde se procedeu á instalación dunha nova marquesiña, solicitada hai varios anos polos veciños e veciñas que acoden aos centros de día, dando resposta a unha demanda histórica da parroquia.

Pola outra en, Vilardante, coa reparación en profundidade dunha marquesiña existente, que, segundo informou o Concello, “grazas a estes traballos xa queda totalmente operativa e permite o seu uso para a liña escolar de autobús, mellorando a seguridade do alumnado”.

Ademais, a brigada ten previsto reparar varios cristais doutras marquesiñas que sufriron actos vandálicos ou accidentes nos últimos meses.

“Desde o Concello de Noia seguimos traballando para mellorar os servizos e a seguridade no transporte público en todas as parroquias”, informaron dende o Goberno local.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.