En Dodro, o Concello incorpora unha arquitecta ao servizo de urbanismo

22 Decembro 2025

O Concello de Dodro informou de que nos últimos días incorporouse ao equipo da Administración local unha arquitecta no servizo de urbanismo. Segundo informaron dende o Consistorio, esta nova traballadora é froito da “aprobación da relación de postos de traballo e dun esforzo orzamentario por parte do Goberno municipal”. O obxectivo é “axudar na axilidade do departamento e poderá resolver as consultas veciñais que poidan xurdir”.

A incorporación levouse a cabo a través dun convenio de colaboración coa Deputación da Coruña para a encomenda de xestión da selección de arquitectos e arquitectas técnicos destinada a concellos de menos de 20.000 habitantes. O acordo que posibilitou esta medida, impulsado polo Goberno local, contou co apoio da maioría progresista, mentres que o Partido Popular e Xente de Dodro votaron en contra.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.