Dúas persoas trasladadas en Santiago por intoxicación de monóxido de carbono

23 Decembro 2025

As dúas persoas, nai e filla, foron hospitalizadas no Hospital Clínico Universitario de Santiago.

As dúas afectadas presentaban intoxicación severa de monóxido, segundo informaron os facultativos sanitarios ao 112 Galicia. Con todo, as súas vidas non corren perigo.

Os feitos sucederon esta pasada madrugada, na vivenda das afectadas, situada na Rúa do Hospitaliño, en Santiago de Compostela. Sobre as 04:00 horas, unha persoa particular chamaba ao 112 Galicia para solicitar comunicación cos profesionais do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. 

Ao fío das 06:30 horas, os xestores de emerxencias recibían a chamada dos facultativos do Complexo hospitalario, que confirmaban o ingreso de dúas mulleres por intoxicación de monóxido de carbono. Indicaban que, posiblemente, un escape de gas na vivenda, podía ser a causa.

Así, con esta información, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento dos Bombeiros de Compostela, da Policía Nacional e da Local. Nada mais chegar ao lugar e feitas correspondentes medicións, os Bombeiros confirmaron a presenza de niveis deste gas na vivenda, aínda que aseguraron que non había combustión no seu interior.

Por elo, dende o 112 Galicia tamén se informou  ao persoal da compañía subministradora de gas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.